coma quen dá con esa rabuñada nova no coche
na defensa dereita traseira
canda a luz de freo brillante
negra e escura
abríndose paso na carrozaría
que inda cres nova
despois de 20 anos
e sabes que ti non a fixeches
ti que aparcas con tino
e gardas as distancias
ti que dende que te estampaches
contra aquel farol
f r e a s
e metes primeira a cen metros do párquin
e manobras para metelo de cu
agardas a ver só un dos faros do coche aparcado
matemática
e freas
FREAS
porque es lenta para todo
ata para decatarte de que esa puta rabuñada estivo aí sempre
pero non a viras antes
así
tarde
lenta
co freo de man metido
decateime de que esa parte da conciencia
que eu cría intacta
está destrozada
Fotografía: Ramsés Rodríguez Silva
Texto: Nuria Vil
Este obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.